
#
Dende o
e-auditoriodegalicia.net
levamos tempo
reflexionando sobre a
edición dixital e como
difundir os proxectos e
exposicións monográficas
ou colectivas que
se realizan nos espazos
do Auditorio. As distintas
disciplinas artísticas, como
fotografía, pintura,
accións, performances,
escultura, instalación…
pódense ver en pdf, e-book,
e algúns como os Premios
Auditorio de Galicia en
formato flash multimedia.
CASUS BELLI + REFUTACIÓN DO CONTEXTO
[conflictos de recepción na arte contemporánea]
Do 6 de abril ao 17 de xullo de 2011 | Sala Isaac Díaz Pardo
Casus Belli inaugura o espazo multimedia continuando as experienzas que vimos desenvolvendo de edición dixital, ao ser unha publicación deseñada para ser visualizada en web.
Os comisarios Alberto González Alegre, crítico de arte, e Ángel Cerviño, artista, presentan unha mostra que parte da premisa de que a arte só chega a cumprir o seu programa no momento da súa recepción, sendo o espectador o que se encarga de completala. É o espectador o que lle atribúe significados, entrando as obras nun proceso dinámico, unha suma de lecturas, un conflito que xamáis se resolve.