
#
Dende o
e-auditoriodegalicia.net
levamos tempo
reflexionando sobre a
edición dixital e como
difundir os proxectos e
exposicións monográficas
ou colectivas que
se realizan nos espazos
do Auditorio. As distintas
disciplinas artísticas, como
fotografía, pintura,
accións, performances,
escultura, instalación…
pódense ver en pdf, e-book,
e algúns como os Premios
Auditorio de Galicia en
formato flash multimedia.
MARÍA XOSÉ DÍAZ 1980-2010
Do 11 de marzo ao 20 de xuño de 2010 | Sala Isaac Díaz Pardo
Publicación formato DVD multimedia 12€ – Dispoñible en VP no Auditorio de Galicia.
Antonio Garrido comisaría unha das máis importantes exposicións dunha creadora que non deixa de fascinarnos cando nos achegamos a súa producción. Máis de corenta traballos, moitos deles inéditos, e intervencións específicas para este espazo cuxa montaxe e produción se poden seguir a través dos vídeos que recolle a publicación. Unha apropiación do baleiro que encheu a sala de calidades, texturas e luz.