
#
Dende o
e-auditoriodegalicia.net
levamos tempo
reflexionando sobre a
edición dixital e como
difundir os proxectos e
exposicións monográficas
ou colectivas que
se realizan nos espazos
do Auditorio. As distintas
disciplinas artísticas, como
fotografía, pintura,
accións, performances,
escultura, instalación…
pódense ver en pdf, e-book,
e algúns como os Premios
Auditorio de Galicia en
formato flash multimedia.
O Premio Auditorio de Galicia para novas e novos artistas chega a súa décima edición coa honra de ser un certame consolidado que ten como obxectivo o apoio a arte emerxente do noso país; e chega, sobre todo, coa satisfacción de ter compartido traballo e ilusión con creadoras e creadores de diferentes xeracións. Con elas e eles sumamos unhas catrocentas pezas expostas e conseguimos dar espazo e visibilidade a máis de mil trescentos artistas.