
#
Dende o
e-auditoriodegalicia.net
levamos tempo
reflexionando sobre a
edición dixital e como
difundir os proxectos e
exposicións monográficas
ou colectivas que
se realizan nos espazos
do Auditorio. As distintas
disciplinas artísticas, como
fotografía, pintura,
accións, performances,
escultura, instalación…
pódense ver en pdf, e-book,
e algúns como os Premios
Auditorio de Galicia en
formato flash multimedia.
Comisarios: Alberto González-Alegre e Ángel Cerviño
O proxecto expositivo SEMENTE recolle obras de 35 artistas que participaron nalgunha das nove edicións realizadas dos Premios Auditorio; o conxunto das obras e os artistas seleccionados presentan unha significativa mostra dos traballos de toda esta xeración de novos artistas galegos ou residentes na nosa comunidade.