ANTÍA VIEIRO FERNÁNDEZ

Brión, A Coruña, 1999

2º PREMIO
Unha infancia sinistra

2021
Lápices de cores
100 x 70 cm

Representación biográfica da miña infancia a través do debuxo empregando imaxes que reflictan unha contraposición entre a beleza e o sinistro. As escenas aparentan ser alegres, con nenos e xoguetes coloridos, pero a medida que nos adentramos nas personaxes, descóbrense expresións estrañas e grotescas. Este traballo busca destruír a imaxe que teño desta etapa, a más feliz da miña vida, para reinterpretala desde un punto de vista sinistro.

A base deste proxecto é o artigo de Freud de 1919 no que fala do termo “unheimlich”, unha palabra que designa as situacións familiares que se volven inquietantes e sobrecolledoras. Á súa vez, introduzo o tema dos soños porque, como afirma Freud na súa investigación sobre as orixes do soño diúrno e a súa relación cos xogos infantís, todo neno que xoga condúcese coma un poeta, creándose un mundo propio.

Este proxecto reconstrúe a infancia recompilando escenas de fotografías dos meus álbums para superpoñelas e crear movemento a medida que medran as personaxes. Trátase de salientar coa miña figura, polo que concluín coloreando só a miña figura protagonista. Unha liña que desenvolvín todo o primeiro cuadrimestre deste curso 2020-21.

Intento afondar na miña memoria infantil e así poder representar esta etapa cotiá que reconstrúo con fotos dos meus álbums. Quero facer recapacitar o espectador sobre esas escenas ou etapas da súa vida que recordan con alborozo. Vivencias que se viven de distinta maneira estando no corpo doutra persoa, xa que o punto de vista cambia e a personalidade de cada un inflúe á hora de sentir. Non todo é o que parece, cremos ter os recordos claros, mais a nosa memoria retén o alegre e suprime o negativo. Ás veces, cando comparamos un recordo en común entre varias persoas, dámonos conta de que a nosa memoria distorce a realidade.

Antía Vieiro Fernández (Brión, A Coruña, 1999)

Estudos académicos: Título de Bacharelato, Grao de Belas Artes, ERASMUS
École Supérieure des Beaux Arts d’ Angers

Exposicións
Casa das Campás San Ero, maio 2019
I Rueiro de Artistas 2020
Galería dunha escaleira, xaneiro 2021
Casa das Campás, xullo 2021
Certame Novos Valores 2021