BORJA SANTOMÉ

Vigo, Pontevedra, 1992

5 poemas

2021
Animación debuxada, pintura acrílica sobre acetato
00:10:05

A idea principal deste tipo de cinema é mergullar o espectador nunha viaxe de imaxes e sons que nos falan do máxico e sobrenatural no mundo moderno. Un dos conceptos máis importantes é falar de como situacións transcendentais invaden o noso mundo cotián por sorpresa, guiándonos polo fluír da vida á vez que dándonos claves para entender os mundos escondidos do noso subconsciente.

Anteriormente a miña liña de traballos de animación adoitaba destacarse polo uso do branco e negro e relatos da vida urbana inspirados no mundo industrial, pero nos meus proxectos recentes sentín a necesidade de usar unha contorna máis orgánica e colorida, tratando o tema da relación do home contemporáneo coa natureza e todas as torpezas que poidan xurdir diso.

Para este proxecto interésame, entre outras cousas, o concepto de “ritual” visto desde unha perspectiva occidental que tenta fixarse en prácticas ancestrais dunha forma totalmente caótica, sen entender realmente nada e dando testemuño da decadencia do noso mundo actual.

É unha historia que se conta de forma máis sensorial que narrativa, de maneira que son os escenarios e os sons os que cambian progresivamente achegándome ao movemento surrealista en aspectos como a dislocación do relato lineal, creando o que eu chamo “caleidoscopios autobiográficos”.

En xeral, a miña intención é realizar un traballo íntimo no que mesturar a pintura co cinema experimental que sempre me inspirou, como pode ser Luís Buñuel, David Lynch ou mesmo Tarkovsky.

Borja Santomé, Vigo, Pontevedra, 1992

Bolsas e premios

Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego (AGADIC e Xunta de Galicia), 2020.

Bolsa Formarte de Artes Plásticas y Fotografía, Colegio de España en París, 2019/20.

Bolsa para a Real Academia de España en Roma, 2018/19.

Premio á mellor curtametraxe de animación, Festival de Cans, 2018.

Premio Planeta GZ, Curtocircuíto Festival Internacional de Cine, 2016.

Segundo premio, Premio Novos Valores de Artes Plásticas, 2015.

Exposicións colectivas e festivais de cine
Premio Biennal d’Art Diputació de Tarragona, Museu d’Art Modern – MAMT, Tarragona (España).
We Make Movies International Film Festival, Los Ángeles (EU), 2021.
EXiS Experimental Film and Video Festival, Seoul (Corea do Sur), 2021.
XXI Concurso Encuentros de Arte Contemporáneo, MUA, Alacante (España).
European Film Festival of Lille, Lille (Francia), 2021.
Cultivar incertezas. Reformular o espazo / conmocionar a mirada, comisariada por Ángel Cerviño, CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela (España), 2020.
Bogotá Experimental Film Festival, Bogotá (Colombia), 2020.
XVI Festival Transterritorial de Cine Underground, Bos Aires (Arxentina), 2020.
Macro Asilo (MACRO Museo d ́Arte Contemporanea di Roma), Roma (Italia), 2019.
BAFICI, Buenos Aires Festival de Cine Independiente, Bos Aires (Arxentina), 2017.