O tempo corre en contra da vida, da nosa. É infinita?
Preséntase un reloxo de area cheo de elementos plásticos e naturais que tamén representa o símbolo do infinito. Teremos tempo para reverter o que facemos? Cambiaremos os actos prexudiciais para o lugar onde habitamos e para a vida en xeral?
O reloxo de area marca o tempo, un tempo que xa se excede, repleto de plásticos e elementos naturais, mestura dos elementos que podemos atopar hoxe en día no noso planeta. Unha nova era de materiais combinados que xa é inamovible, pero si podemos actuar e realizar cambios no noso presente e no futuro.
Este símbolo atópase sobre un fondo natural onde se mostra e se mestura a vida e a auga, a terra e o mar. Elementos orgánicos e cores naturais que nos lembran a natureza, a importancia do máis simple e diferentes capas, sombras e luces, con infinidade de detalles e formas. Esta vida natural, á que nos deberiamos encamiñar, un respecto ao medio e que emerxa a un primeiro plano das nosas vidas e non simplemente ao fondo que nos sostén.
A forma do infinito no primeiro plano fálanos da existencia infinita que teñen os plásticos ao contrario que a supervivencia neste planeta do ser humano, que destrúe cos seus actos e acelera o proceso do cambio climático. Un material que nos fai a vida máis fácil destrúenos ao mesmo tempo, botándonos encima unha conta atrás para realizar cambios que poidan funcionar. Toma a importancia que merece o medio ambiente que sostén o noso mundo e a biodiversidade, a importancia de ser conscientes de todo o que nos rodea.