CARLOTA SALGADO LEAL

Vila de Cruces, Pontevedra, 1988

As mulleres de Noia son moi Ouka Leele

2021
250 x 400 cm (díptico)

Trátase dunha revisión do retrato costumista feminino e tamén dunha posta en valor do cotián. Eses momentos de felicidade que se pasan por alto son o foco da miña mirada. Busco describir a beleza destes instantes, fugaces e á vez presentes no transcorrer diario. O cotián deixa entrever unha beleza oculta que reside en momentos sen aparente valor ou preparación. As protagonistas desta conexión con Ouka Leele son as mulleres que habitan a miña vida.
As mulleres de Noia son moi Ouka Leele é un díptico de 400 cm de ancho por 250 cm de alto. Quero chiscarlle un ollo á artista dos 80 porque me sinto conectada coa súa mirada do mundo. Elas foron debuxadas do natural nas praias de Noia e posteriormente, tras pasar por un cambio de escala, quixen atrapar ese momento de luz e beleza que nunca regresa.

Carlota Salgado Leal (Vila de Cruces, Pontevedra, 1988)

Graduada en belas artes (2010).
Mestrado en arte contemporánea, creación e investigación (2011)
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Formación académica / Gradúase en belas artes na mesma facultade especializándose na rama de instalacións e escultura. O traballo fin de carreira será dirixido polo doutor, artista e comisario Javier Tudela Sáenz de Pipaón 2010 / Mestrado de arte contemporánea, creación e investigación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Realización da tesiña dirixida polo doutor, artista e comisario Javier Tudela Sáenz de Pipaón 2011 /

Formación externa / Curso con Juan Hidalgo “La performance en el arte contemporáneo” 2007 / Xornadas de creación dirixidas pola artista e docente Mónica Ortúzar “El arte en el espacio público” 2010 / I Encontro de Artistas Novos da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela 2011 / Bolsa Leonardo da Vinci en Ikaal (xestión cultural e de arte contemporánea), Praga 2012 / Curso intensivo de lingua inglesa en Praga, República Checa 2012 /

Mostras colectivas / “Cruces Arte” Vila de Cruces, Pontevedra, Galicia 2009 / “Siete más tres” Centro Cívico de Teis, Vigo, Galicia 2009 / “15 proyectos de espacio para un espacio” Pazo Torrado, Cambados, Pontevedra, Galicia 2010 / “Opinión-es” XXXI Bienal de Pontevedra, Galicia 2010 / “Proxecto IMAN” Casa das Artes, Vilanova de Famalição, Portugal 2010 / “Proxecto IMAN” Casa da Arquitectura, Guimarães, Portugal 2010 / “18 Unos” Galería Sargadelos, Pontevedra 2010 / X Bienal de Lalín, Pontevedra, Galicia 2010 / “Cruces Arte” Vila de Cruces, Pontevedra 2011 / “Chámalle X” Xornadas de Performances, Pontevedra, Galicia 2011 / “Proxectos Fin de Máster” Fundación RAC, Pontevedra, Galicia 2011 / “ArtistAs” espazo urbano de Pontevedra e Vigo 2011 / “Outono Fotográfico de Ourense” Ourense, Galicia 2012 / “Arte 40” Museo do traxe, Madrid 2012 / Finalista Concurso Xóvenes Artistas Auditorio de Galicia 2013 / 2º Premio Auditorio de Galicia 2017 / Desfacendo o Xénero “Casa do Cabido” Santiago de Compostela 2020 /

Mostras Individuais / “Mulleres” Sete Flores, O Carballiño, Ourense, Galicia 2009 / “Non Stop” Muddum, Praga, República Checa 2012 / “O fío de Penélope”, 9THE13, A Coruña, Galicia 2013 /