DIEGO VITES

Lugo, 1986

1º PREMIO
Rosa

2021
Instalación (pintura e escultura, óleo sobre lenzo, espuma de poliuretano)
Medidas variables

Preséntase aquí unha pintura e unha escultura, en formato instalación. Un sofá que perde a funcionalidade que lle outorga o taller converténdose en escultura viva na sala. Danse aquí relacións directas entre as obras e o público con referencias á historia da arte contemporánea.

Diego Vites García (Lugo, 1986)

Licenciado en belas artes pola ULL en 2009, funda xunto con outros artistas El Apartamento, centro de produción en Santa Cruz de Tenerife, (proxecto gañador da Bienal Of de Arte y Paisaje de Canarias, 2009) onde produce as instalacións que máis tarde exporá na Sala Cabrera Pinto e o TEA Tenerife. No ano 2010 regresa a Galicia e cursa o mestrado en arte, museoloxía e crítica contemporánea do Departamento de Historia da Arte da USC. Funda e codirixe o FAC Peregrina, Furancho de Arte Contemporánea. A súa obra incorpórase no medio dunha multiplicidade de relacións abertas entre a pintura, a instalación, a acción, a escultura e o vídeo. As súas instalacións funcionan como extensións escultóricas da súa pintura, os seus vídeos como ensaios de composición pictórica e as súas accións como modos de relacionarse coa produción simbólica singular da súa contorna. Forma parte do Ciclo de Exposicións Afluentes, La figuración en el arte gallego desde los años Sesenta; a súa obra puido verse no MARCO de Vigo dentro da exposición Veraneantes para a que realizou dúas pezas site-especific. En Ámerica realiza varias residencias de arte contemporánea en Ecuador, México e Arxentina continuando coa súa liña de investigación. No ano 2017 realiza o proxecto Historiógrafa Tigua en Ecuador, foi gañador da bolsa Novos Valores que outorga la Deputación de Pontevedra e é en 2018 que arranca GÜiTA, na residencia SOLAR Acción Cultural en Tenerife. Retorna a Galicia e forma parte do equipo de Caneca Filmes realizando o documental TIGUA e encargándose da parte audiovisual e plástica do proxecto Unha Gran Burla Negra Creatvidade popular e memoria do Prestige [2002 – 2019] . En 2021 incorpórase ao colectivo NEG Nova Escultura Galega realizando a primeira mostra do colectivo no CIAJG Guimarães no contexto do proxecto Colosso.

O seu traballo á unha forma en permanente zona de cruising entre territorios periféricos que o atravesan; as illas Canarias, Ecuador e Galicia. A súa mirada transfórmase nunha máquina especulativa que non cesa de alucinar relato.