EVA ANTELO

Wetzikon, Suíza, 1997

unha guerrilla, dúas guerrillas...

2021
Acción, arte postal e instalación
200 x 400 cm

unha guerrilla, dúas guerrillas…

[Benquerida persoa receptora… non figura o nome de ningunha artista… un agarimoso saúdo! Dobrar, gardar, cerrar. Dobrar, gardar, cerrar. Bos días, quería facer un envío… Ordinario, si… Grazas!]

Na lista que funciona como introdución á arte para unha ampla porcentaxe de adolescentes non figura nin unha soa persoa identificada como muller. Nin unha soa persoa situada fóra do eixe eurooccidental branco. Só se continúan os vellos canons e se prolonga unha visión da arte que se sinte disociada, afastada, inconexa da nosa contemporaneidade.

[…afogando nunha ausencia de representación.]

A acción actívase co envío das guerrilla-cartas a tres departamentos da CIUG (entidade que publica os contidos recomendados da ABAU para 2º de Bacharelato) das tres universidades galegas.

Na exposición instalativa déixanse a disposición do público copias e envoltorios para manter en funcionamento a devandita acción. A multiplicidade anónima, como forza imparable do cambio.

Separar arte de artista é un vello debate no que non imos entrar pero dende logo si que resulta fundamental ser conscientes (e consecuentes) dos comportamentos e actitudes de quen honramos como xenio artístico mitificado e case inexpugnable e non obviar nin edulcorar as partes máis agres da súa obra e da súa biografía. Unha, por mera responsabilidade, e outra, porque así é realmente como se pode facer unha lectura máis completa e profunda das obras de arte. E, sobre todo, facer, colectiva e individualmente, unha revisión con perspectiva de xénero, unha reescritura dos manuais que axude a romper coa narrativa dominante, tan patriarcal, racista e heteronormativa.

Eva Antelo Mata (Wetzikon, Suíza, 1997)

2019-2020 Máster en produción artística interdisciplinar. Universidad de Málaga.

2015-2019 Grao en belas artes. Universidade de Vigo.

2021 At Home/Being Home: e-residency. Residencia online internacional. Casa Asia, Fundación Asia-Europa.

XI Encontro de Artistas Novos. Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
Festival de arte dixital Noise is not Data, 2ª edición. Retransmisión en streaming. Oficina CO2, Universidade de Granada.

Grupo de Investigación: A xestión independente das artes visuais. Rede Museística de Lugo.

Xuv. Crea: Máis dunha década. Unha mirada ao pasado, unha mirada ao futuro. Exposición itinerante: Tui, Vigo, Lalín, Ribeira.*
Corta, pega e debuxa. Iniciación en procesos manuais en Riso. Taller de creación no CGAC, Santiago de Compostela.

Aula Aberta: Materiais. Creación con material encontrado. Taller e exposición no CGAC, Santiago de Compostela.

Selección CreArte 2021. Exposición na Facultade de Ciencias Económicas da USC, Santiago de Compostela.

Primeiro accésit Premios Ateneo-Universidad de Málaga, modalidade de videocreación. Málaga.*

FACBA21: Breve historia de una piedra. Taller de produción artística e exposición homónima na Facultad de BBAA, Granada.*

FACBA21: Taller de produción artística MUSEALIA e exposición Propuesta para una exposición temporal. Hospital Real, Granada.*

INT20. Exposición de TFM do Máster de produción artística interdisciplinar no Centro Cultural MVA, Málaga.*

En el centro del cauce, debajo de los párpados, participante en acción telefónica. La Casa Encendida.

2020 selección Premios “Alonso Cano” UGR, Artes Visuales. Palacio del Almirante, Granada. *

2º premio ex-aequo Xuventude Crea 2020: Fotografía. Igrexa da USC, Santiago de Compostela. *

Curso WomArts Training. Auditorio de Galicia e Limerick Institute of Technology (Ireland). womarts.net

2019 2º premio ex-aequo Xuventude Crea 2019: Artes Plásticas. Igrexa USC, Santiago de Compostela. *

Selección CreArte 2019. Facultade de Ciencias Económicas da USC, Santiago de Compostela.

* indica exposición con catálogo