España. Baixo este título preséntase unha folla de 80 selos borrados, con esencia de trementina, onde apareceu o retrato do rei Juan Carlos I de Borbón. Este traballo revisa a idea de monumento a través de representacións pertencentes ao noso imaxinario colectivo e cotián.
Esta obra, así como o proxecto do que forma parte (Nuevos monumentos para un viejo país), indaga sobre as formas de representación e codificación da memoria e da identidade, desde unha idea expandida do monumento. Explora, ao mesmo tempo, as emocións que este tipo de representacións, cun forte trasfondo político, poden suscitar. É unha obra que xoga cos mecanismos de representación simbólica do poder e do noso contexto presente.