JULIO CATALÁN RUBINOS

Lugo, 1995

Campo magnético

2021
Fragmentos, imáns e chapa de ferro
100 x100 cm

Campo magnético, consiste nunha serie de fragmentos de diferentes materiais atopados, e suxeitos mediante imáns a unha chapa de ferro de 1×1 metros.

O proceso parte do paseo, da observación e da recolección dos elementos. O resultado é unha pintura inacabada, en constante transformación, que suscita un movemento negando a composición estática. A mestura de elementos de diferente orixe pon en dúbida os límites convencionais entre o que chamamos natural e artificial, tratando de facer referencia a unha variedade infinita de relacións entre distintos procesos de transformacións dos materiais. A imaxe recorda os souvenirs que se poñen no frigorífico despois das viaxes, pero en vez de facer alusión ao lugar idealizado do turismo, presentan os pequenos restos do atopado nas experiencias reais no territorio; anacos dun sistema expansivo, fractal, mutante, ilusorio e imperfecto.

Julio Catalán Rubinos (Lugo, 1995)

Educado na práctica do teatro e das artes visuais. Estuda belas artes na Facultade de Pontevedra, cunha bolsa Erasmus na Fontys School of Fine & Performing Arts de Tilburg (Holanda) e, de seguido, na Facultade de Granada un Máster de creación e investigación en arte contemporánea.