NEVES SEARA

Ourense, 1993

ARTEMIA (Bisavoa materna)

2021
Instalación
Medidas variables

Para crear esta obra que forma parte da serie Devanceiros, coa axuda de Bibi Martín como asistenta de produción, cosemos cunha manta vella da familia un vestido que representa a miña bisavoa Artemia, uníronse a el varios niños de paxaro feitos de vimbio e un retrato da propia Artemia nun marco rescatado da familia. Os niños representan eses fillos que ela non puido aniñar, bicar, mecer, acochar no seu colo. O vestido estará suspendido do teito e iluminado de xeito cenital e baixo el colocarei un círculo de 2 metros de diámetro cuxa área estará chea de trigo, como o que plantaban en 1910 en Arxentina (Mackenna, Córdoba). Dende o vestido escoitarase unha gravación tomada en setembro de 2019 en Follés, na zona onde está a casa na que ela morreu. A este vestido acompañarao un vídeo en bucle.
ARTEMIA, DEVÓLVOCHE A TÚA VOZ, O TEU NIÑO, DOU VIDA ASÍ AO TEU AMOR. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS

Neves Seara Palacio (Ourense, 1983)

Licenciada en Belas Artes coa especialización en Escenografía pola Universidade Europea de Madrid. Especialista en Museografía pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutoranda na Universidade Complutense de Madrid, cursos e DEA completados. Leva 18 anos traballando como artista e xestora cultural, realizando actividades en institucións como CGAC Compostela, Fundación Eugeno Granell, Cidade da Cultura ou Matadero de Legazpi e Casa de Velázquez en Madrid, Galería Sargadelos de Compostela, Museo Emilia Pardo Bazán, Galería Metro, Festival Miradas de Mujeres 2015, Roteiro de Creación 2008 etc. Como artista expuxo en Museo de Cacabelos, CGAC, Compostela, Zona C, Galerías Dosmilvacas (Ponferrada), o Galería Metro, Galería Espacio48 (ambas en Santiago), Galería 9the13 (Coruña) , Artmadrid, Room Art Fair (Madrid), Cuatro Público (Compostela), Galería 23 con 11 e Galería Fresa y Chocolate (La Habana), Maison du Pilgrims (Bruselas), Café1001 (Londres) o Fábrica Braço de Prata (Lisboa)… Realizou intervencións públicas e performances vinculadas coa violencia de xénero en lugares como A Casa Velázquez, Madrid,nas rúas de Helsinki, Atenas, Madrid, Vigo, Santiago de Compostela, Nova York, Concello de Noia, Deputación de Lugo, ou en diferentes festivais de arte de acción como Crash, Colisión de Performances I e II, Santiago, ou Fugas e Interferencias, Pontevedra.

Seleccionada para a exposición no Premio Novos Valores 2004 premio do público 2008 Roteiro de Creación- Santiago-Bruxelas 2º premio en Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense en 2013 premio de intervención da Zona C, Santiago de Compostela 2015. Seleccionada para a exposición no Auditorio de Galicia 2015 N Finalista en Poetry Slam Compostela 2019.