OLALLA CASTRO

Lugo, 1989

Feísmos

2021
Tinta sobre papel
20 x 20 cm c/u

O proxecto Feísmos nace como resposta ao fenómeno do mesmo nome que describe un conxunto de solucións arquitectónicas orixinadas na comunidade de Galicia. Dezaseis ilustracións nas que se aprecian acumulacións, estruturas e construcións inspiradas tanto nas áreas rurais como nas urbanas das provincias galegas. Atopamos diferentes elementos que se entrelazan creando unha arquitectura onírica pero, dalgún xeito, plausible: hórreos amalgamados a novos fogares, escaleiras cara ningures, portas a alturas imposibles. A instalación mostra a teatralidade, a esaxeración destas construcións a través dun elemento moito máis sinxelo: a liña de tinta negra sobre fondo branco. Esta instalación serve de chamada de atención a este fenómeno, así como un guiño a algo tan noso, tan “da terra” como é o feísmo.

Olalla Castro Rodríguez (Lugo, 1989)

Vive e traballa en Potsdam, Alemaña. En 2014 licenciouse en belas artes na Universidade Politécnica de Valencia. Foi residente na Casa de Velázquez (Madrid) en setembro do 2016. A súa práctica artística céntrase na paisaxe a través do binomio local/global. Traballa en medios interdisciplinares, como o vídeo, a ilustración e o libro de artista. Participou en mostras tanto nacionais como internacionais, como por exemplo no Rechenzentrum Potsdam (Alemaña), o Centro LoPati (Amposta) ou mesmo na Zona C de Santiago de Compostela (xunto a Nicoleta Moise).