PABLO AGUILAR E RAQUEL ÁLVAREZ

Vigo, Pontevedra, 1997 / 1998

Auga e terra e pel e un caldeiro vermello e un descampado

2021
Vídeo | Instalación
400 x 250 cm

Auga e terra e pel e un caldeiro vermello e un descampado fala das marcas, da pegada que deixamos nos demais e que os demais deixan en nós. Corpo, emocións e mente son descampados eternamente mutantes, alterados polo anciño e a aixada de cada vínculo creado. Un rastro de terra e auga no chan, na pel e no tecido. A aixada, o anciño, o caldeiro de auga, rachan, acariñan, rompen, mollan, erosionan este non-lugar habitado por dous transeúntes que vagan e se atopan. É un proxecto instalativo composto por unha proxección monocanle e cinco mapas fotográficos extraídos do propio vídeo.

A proxección monocanle trátase dunha performance filmada naque as dúas autoras do proxecto interveñen con ferramentas agrarias un espazo descampado situado nun contexto industrial. A filmación produciuse desde dúas perspectivas: unha aérea e unha terrestre. Desta forma intercálanse mapas do espazo e o impulso latente que leva ao acto de intervir. É un estudo do espazo, ou máis ben do ‘eu’ a través das pegadas que deixamos neste.

A instalación complétase con cinco mapas extraídos da intervención. O primeiro deles retrata este descampado tan só coas marcas que xa posuía previamente; o segundo e o terceiro rexistran o paso de Raquel e Pablo por separado; o cuarto faino coa intervención de ambos á vez e, o último, distanciado destes catro primeiros, empregadas na performance, con todas as súas manchas e rachaduras: o rastro que deixamos o un no outro.

Pablo Aguilar Martín, Vigo, Pontevedra, 1997

Formación
Máster en fotografía e posprodución, Too Many Flash, Madrid, 2021- actualidade.
Grao en comunicación audiovisual, Universidade de Vigo, 2015 – 2019.
Obradoiro de filmación e revelado en analóxico, MASTERLAV, Madrid, 2021.
Bolsa Galeuropa de prácticas no estranxeiro, Berlín, 2019.
Bolsa ERASMUS, Ruhr-Universität Bochum, Alemaña, 2017 – 2018
Obradoiros de cine impartidos por Oliver Laxe e Eloy Enciso, Novos Cinemas, Pontevedra, 2016 – 2018

Experiencia
Redactor en A Cuarta Parede, 2021- actualidade.
Auxiliar de produción, Primavera do Cine, Vigo, 2020.
Camarógrafo e entrevistador, Play-Doc (voluntariado), Tui, 2019.
Asistente no departamento de invitados, Novos Cinemas, Pontevedra, 2018.
Xurado Xove, Novos Cinemas, Pontevedra, 2017

Exposicións e festivais
Fuck This Studio, SCALEXTRIC SÍ, Vigo, 2021.
Solaina Galería, Panos Quentes, Lugo, 2020.
Intersección Audiovisual Contemporary Art Festival, A Coruña, 2020
Curtocircuíto, sección Supernova, Santiago de Compostela, 2020.
Mención especial do xurado no Festival de Cans, sección Novas Camadas, O Porriño, 2020 Festival Novos Cinemas, Pontevedra, 2017 e 2018.

Raquel Álvarez Méndez, Vigo, Pontevedra, 1998

Formación
Grao en belas artes, Universidade de Vigo, 2018 – actualidade.
Técnico superior en realización de proxectos audiovisuais, EIS Vigo, 2016 – 2018
Bolsa de formación en sistemas informáticos, Facultade de Belas Artes, Pontevedra, 2020 – actualidade.
Obradoiros de cine impartidos por Jaione Camborda e Eloy Domínguez Serén, Novos Cinemas, Pontevedra, 2019 – 2020.

Experiencia
Direción de arte e vestiario en Cando toco un animal, de Ángel Filgueira, 2021.
Coordinadora do espazo artístico Fuck This Studio, Vigo, 2020 – actualidade.
Membro do colectivo de comisariado audiovisual Grupo Subterráneo, 2020 – actualidade.
Gravación e montaxe en Cambio de rasante, 2018.

Exposicións e festivais
Boder Magazine x Fuck This Studio, Vigo, 2021.
Curtocircuíto, sección Supernova, Santiago de Compostela, 2020.
Íntima Fest, Madrid (online), 2020.
Novos Cinemas, Pontevedra, 2019 e 2020.