PABLO BARREIRO

Meaño, Pontevedra, 1982

Sen título (da serie PEL)

2021
Escaiola e cera vermella, estrutura de ferro
36 x 85 x 73 cm
78 x 65 x 6 cm

Nestas pezas propoño un estudo sobre a idea do interior/exterior nunha serie de moldes reflexos dun corpo. A superficie, dalgún xeito, convértese no contido. Distínguense entón un interior dun exterior, dúas caras do mesmo corpo. Superficies que reflicten perfectamente aquilo que reflexa e aquilo que contén.

Preséntanse o molde e a súa reprodución en cera vermella (propia da fundición en metal) parando a lóxica do proceso. Presento materiais en transición subvertendo a xerarquía do estatus prioritario dalgúns e o carácter subordinado doutros. Romper o equilibrio, o rol que asume a cera cando adquire a dureza que debería corresponderlle ao metal.

Contemplando un cuerpo abierto, nos convertimos de repente en un observador imposible, somo quienes observan algo que estaba oculto y que, además, lo deseable sería que permaneciera para siempre oculto a nuestros ojos y a los de cualquiera; oculto a la luz.

La Mirada Imposible. Agustín Fernández Mallo.

Pablo Rodríguez Barreiro (Meaño, Pontevedra, 1982)

Expoño regularmente na Galería Nordés (Santiago de Compostela) e na Galería Nono (Lisboa). Con exposicións colectivas en museos como o CGAC_Santiago de Compostela, MARCO_Vigo, Museio da Cidade_Lisboa ou Patio Herreriano_Valladolid. Partcipo ultimamente en feiras de arte como Arco_Madrid, ARCO_Lisboa, JustMAD, JustLX.

Fun seleccionado para desenvolver diferentes procesos de proxectos en residencias artísticas como Residencias MAC (A Coruña), Nuove_Residency – Bassano del Grappa (Italia), Arco – Lisboa (Portugal) ou Bliida – Metz (Francia).

Con obra en coleccións do CGAC, DKV, Luis Sirvent, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, Nuove Residency…