TERESA BÚA

Muxía, A Coruña, 1991

Persoa ola (Maternidade 1)

2019-2021
Instalación (2 vestidos: seda, serigrafía e encaixe de palillos; tapete de encaixe de palillos e test de embarazo, ecografía)
Medidas variables

É moi importante comezar dende a orixe, temática e practicamente.

Nesta peza, Persoa ola (Maternidade 1) confluen perfectamente os dous proxectos que levo desenvolvendo dende anos: Persoa ola e Carderno vermello. O meu maior medo fíxose realidade. Estou embarazada.

Persoa ola é un proxecto híbrido de gráfica, moda e performance. Comezou coa análise do mundo dende a propia presenza nel. Coñecéndome a min mesma comprederei mellor a “outredade” -a todas: as persoas. A misión é eliminar o binarismo de xénero e facer florecer un cento de sexos a través das aparencias fluídas.

Caderno vermello é un diario íntimo, autocoñecemento, autonomía, pensar a través do corpo. Pintar con sangue e escribir con luz. Plasmar as experiencias de ter útero, ser cíclica e ser unha persoa potencialmente capaz de concibir, xestar e portar bebés. A menstruación ten uns tempos diferentes aos do capitalismo patriarcal, o noso corpo desafía o paradigma produtivista da sociedade actual.

Agora mesmo,
preñada.
A mestruación parou -temporalmente-
vida en creación.
Medos, dúbidas,
alegrías,
hormonas, cansazo

Persoa ola.

Poñamos en práctica a teoría,

Bebés verdes.

Teresa Búa Sambad (Muxía, A Coruña, 1991)

Teresa Búa estudou o grao en belas artes entre as Universidades de Vigo, Kingston University (London) e a Universidade Politécnica de Valencia, tamén realizou o Máster de creación e investigación de arte contemporánea na Universidade de Vigo e é graduada en deseño téxtil pola ESDEMGA. Dende 2007 compaxinou academia con vida laboral nun estudio de fotografía colaborador do xornal La Voz de Galicia.

Dende 2011 é seleccionada e gaña premios a nivel rexional, nacional e internacional, de modalidades creativas diversas como fotografía, artes plásticas, gravado e deseño téxtil. Desde ese mesmo ano participa en exposicións e eventos nacionais e internacionais. Realizou performances en eventos como Violencia Zero da Deputación de Pontevedra e Acción xm2 en La Juan Gallery en Madrid. Podemos encontrar a súa obra en diversos catálogos da Universidade de Vigo ou en publicacións de revistas e centros de arte.

En 2018 comeza a formar parte do poxecto Wom@rts, liderado polo Auditorio de Galicia e cofundado por Creative Europe Programme da Unión Europea, que terá proxección por Europa ata o 2021.

Colabora activamente con diferentes artistas e creadores nacionais e internacionais. Entre eles podemos atopar o galego Félix Férnande, o colectivo Uh513, María Castellanos e Alberto Valverde , ou a deseñadora interactiva de coidados femininos Giulia Tomasello.

En 2021 formou parte da exposición Cultivar incertezas: Reformular o espazo/ Conmocionar a mirada no CGAC, foi seleccionada para as residencias InSitu da Fundación Didac e a finais de ano poderemos atopala na exposición Point commun au liei de travers en Basilea dentro do evento La Regionaldo do que forma parte como artista invitada.