THOMAS APOSTOLOU

Morousi, Grecia, 1985

Cinco ríos II

2021
Instalación (seis elementos, cinco paneis e unha escultura de madeira, acrílico e tinta)
78 x 260 x 60 cm

O título Cinco ríos fai referencia ao famoso apotegma de Heráclito e á súa idea de seres en constante estado de cambio. Os elementos da obra reflicten o traballo de cinco días laborables da semana, as súas viaxes diarias, a repetición, a similitude e pequenos e substanciais cambios. Un conxunto de paneis e esculturas rexistran o traballo do artista durante cinco días no seu estudo. Cinco ríos II, 2021 é a continuación da obra Cinco ríos, 2020, que rexistrou en cinco debuxos os movementos do autor no seu lugar de reclusión, sen acceso ao estudio, durante a primavera de 2020, como un exercicio irónico sobre as aplicacións de contar pasos. O artista repite o experimento, esta vez no estudio. Os tamaños dos soportes, tratándose de cortes de madeira dunha tenda de bricolaxe, decidíronse por circunstancias alleas ao control do artista, mentres que as formas pintadas son o resultado de lanzamentos de dados. O traballo de cada día variaba en función das horas dispoñibles que o artista puidese pasar no estudio. O único elemento escultórico é o resultado dun xoves no que o artista tivo horas de sobra unha vez rematado o panel dese día. A obra reflexiona sobre o traballo do artista e os factores externos que o afectan, a precariedade, o azar, a casualidade, a vida cotiá e o valor do tempo.

Thomas Apostolou (Morousi, Grecia, 1985)

Formación Académica
Doutor ‘cum laude’ con mención internacional en Belas Artes, Universidade de Vigo, 2021.
Máster en Belas Artes, Camberwell School of Arts University of the Arts London, Reino Unido, 2012 Graduado en Artes Plásticas e Ciencias da Arte, Universidade de Ioannina, Grecia, 2009.

Últimas exposicións
Novos Valores 2021, Museo de Pontevedra, en curso.
Reb/veladas na paisaxe III, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela, 2021.
Tantas Imaxes, Cubo, Vigo, 2021.
“(A)pegadas. Transitar onte para camiñar hoxe” Fundación Liste, Vigo, 2021.
Des_ facendo o xénero, Casa do Cabido, Santiago de Compostela, 2020.
In no meaningful way, Apo’strophe.arte , Vigo, 2019.
Vigo – Visby, Visby, 2019.
Proxecto táctil II, Sala X, Pontevedra, 2019.
In no meaningful way, Hotel Palacio de Carmen, Santiago de Compostela, 2019.
III Bienal Internacional de Arte Gaia, 2019.

Residencias
12miradas, Riverside, Galicia, 2018
EAN8, Encontro de Artistas Novos 8, Santiago de Compostela, 2018
Residencia Artística organizada por Implicate Collaborative, Cill Rialaig Art, Irlanda, 2014 Residencia Ogygia, Malta, 2012
Residencia Real presence 2008, Belgrado, 2008

Publicacións
“Reflexiones sobre el papel de trabajadores de arte feministas”, Revista Cartema, 2021
“El estudio como factor”, O Obradoiro (I), Tantas Imaxes Cadernos de Estudos Visuais, 2020
“Cesión del control en la obra de Fermín Jiménez Landa,” Revista Estúdio n.27, 2019
Colaborador en “Art & Music: the Saatchi Gallery Magazine”, 2016- :
Comic semanal “Apopires” para “New”, revista semanal, Grecia, 2007-2008
“reboot”, relato corto, para “9”, revista nacional de cómic e ciencia ficción, Grecia, 2003

Premios e certames
Certame de artes plásticas “Novos Valores”, Obra selecionada, Dep. de Pontevedra, 2021
Xurado II Certame de Arte PLASTIKA 18, Sala X, Pontevedra, 2019
Xurado I Certame de Arte “PLASTIKA 17”, Vigo, 2017
XXII Bienal Arte no Morrazo, Obra selecionada, Concello Cangas do Morrazo, 2017
Clifford Chance Sculpture Award, Artista seleccionado, University of the Arts London, 2012
Visual Arts Competition for Young Artists, Segundo Premio, Centro Cultural da Universidade de Ioannina, Ioan- nina, 2010