
#
Dende o
e-auditoriodegalicia.net
levamos tempo
reflexionando sobre a
edición dixital e como
difundir os proxectos e
exposicións monográficas
ou colectivas que
se realizan nos espazos
do Auditorio. As distintas
disciplinas artísticas, como
fotografía, pintura,
accións, performances,
escultura, instalación…
pódense ver en pdf, e-book,
e algúns como os Premios
Auditorio de Galicia en
formato flash multimedia.
ANTÓN MOUZO
Do 18 de febreiro ao 31 de maio de 2009 | Sala Isaac Díaz Pardo
Publicación formato DVD 15€ – Dispoñible no Auditorio de Galicia.
A exposición retrospectiva Antón Mouzo (Vimianzo, 1957 – A Coruña, 2007), comisariada por María Pose, desenvolve un percorrido dende principios dos anos oitenta ata as súas derradeiras producións. A publicación céntrase principalmente na pintura, recollendo tamén traballos que comprenden desde a ilustración ata a videoinstalación, en pezas que se caracterizan polo seu carácter experimental e pola complexidade na súa elaboración o que derivou na obtención de diferentes resultados na expresión plástica de Mouzo.