
#
Dende o
e-auditoriodegalicia.net
levamos tempo
reflexionando sobre a
edición dixital e como
difundir os proxectos e
exposicións monográficas
ou colectivas que
se realizan nos espazos
do Auditorio. As distintas
disciplinas artísticas, como
fotografía, pintura,
accións, performances,
escultura, instalación…
pódense ver en pdf, e-book,
e algúns como os Premios
Auditorio de Galicia en
formato flash multimedia.
ZONA C. CAROLINA CALUORI, IVÁN PRIETO E BATBIRULAU
Establecida como espazo de apoio á produción artística, a zona “C” é referente de creadores de diferentes disciplinas artísticas, con incidencia especial nos artistas plásticos. Como espazo de intervención diversifica, cada vez en maior medida, a súa programación intenta propiciar sinerxías cos outros equipamentos culturais do barrio de Bonaval como o CGAC ou o Museo do Pobo Galego.
No ano 2010 foi seleccionado Give me your picture que supuxo a intervención de Carolina Caluori, comisariada por Basilisa Fiestras, quen deseñou un proxecto que tomaba como punto de partida a figura do turista desde a perspectiva da arte en Compostela. Iván Prieto, comisariado por Cristina Moreiro, que con Fashion Victim afondou nos canons de beleza establecidos cunha posta en escena teatral que envolveu o espectador. E Cal e canto, do colectivo Batbirulau, que aborda o loito como lugar de reflexión e momento íntimo de encontro coa dor, común denominador a todos os mortais.