
#
Dende o
e-auditoriodegalicia.net
levamos tempo
reflexionando sobre a
edición dixital e como
difundir os proxectos e
exposicións monográficas
ou colectivas que
se realizan nos espazos
do Auditorio. As distintas
disciplinas artísticas, como
fotografía, pintura,
accións, performances,
escultura, instalación…
pódense ver en pdf, e-book,
e algúns como os Premios
Auditorio de Galicia en
formato flash multimedia.
Unidos pola Arte
[Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago]
Desde novembro de 2012 a abril de 2013 | Auditorio de Galicia
É unha exposición conxunta das coleccións pictóricas do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago, na que se mostran obras de ambas as institucións divididos en cinco grandes apartados que abranguen desde mediados do século XVIII até finais do século XX. Con ela podemos facer un percorrido polas diferentes escolas, tendencias e colectivos que buscaban un lugar destacado na historia da arte galega.
A relación de unidade entre o Consorcio e o Concello de Santiago é patente en diferentes campos e actividades e esta é unha máis, a súa unión pola pintura e pola arte en xeral.