
#
Dende o
e-auditoriodegalicia.net
levamos tempo
reflexionando sobre a
edición dixital e como
difundir os proxectos e
exposicións monográficas
ou colectivas que
se realizan nos espazos
do Auditorio. As distintas
disciplinas artísticas, como
fotografía, pintura,
accións, performances,
escultura, instalación…
pódense ver en pdf, e-book,
e algúns como os Premios
Auditorio de Galicia en
formato flash multimedia.
Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia.
Comisaria: Anxela Caramés
En Alén dos xéneros exponse unha revisión das prácticas artísticas feministas desenvolvidas no contexto galego desde os anos noventa ata a actualidade. A exposición mostra subxectividades alternativas á mirada patriarcal, dando voz a narrativas identitarias que superan os estreitos límites da clasificación binaria dos xéneros, que distingue unicamente entre masculino e feminino. O proxecto expositivo indaga así, na pluralidade de aspectos da arte feminista, ocupándose de problemáticas que atinxen ás mulleres, pero reflectindo tamén a diversidade das identidades sexuais e mostrando outros corpos diferentes aos normativos.