
#
Dende o
e-auditoriodegalicia.net
levamos tempo
reflexionando sobre a
edición dixital e como
difundir os proxectos e
exposicións monográficas
ou colectivas que
se realizan nos espazos
do Auditorio. As distintas
disciplinas artísticas, como
fotografía, pintura,
accións, performances,
escultura, instalación…
pódense ver en pdf, e-book,
e algúns como os Premios
Auditorio de Galicia en
formato flash multimedia.
O Premio Auditorio de Galicia para novos artistas resiste, en 2019 e vai xa pola undécima edición.
Asumimos desde o xurado a existencia dunha realidade complexa e diversa no mundo da creación contemporánea, e a revisión dos dossieres presentados constata a coexistencia de formatos, técnicas, procesos e intereses temáticos: pintura matérica, debuxo sutil e delicado, fotografía, videocreación de temática social, xogos lingüísticos, rexistro da memoria familiar presentada en formato arquivo, expresionismo lúdico-festivo, indagacións no rural galego, novas tecnoloxías e estética do videoxogo…
Territorio, memoria e xénero (identidade) marcan as temáticas en boa parte dos traballos presentados ao premio, e outro grupo importante de pezas presta máis atención á investigación sobre técnicas artísticas, procesos de traballo e novas linguaxes.